Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro 2, Tui - Pontevedra |986.60.24.64| |
| |||
| A “Guía Turística del Miño” é unha publicación pioneira que aborda coma un “todo” o río Miño e a comarca do Baixo Miño, pondo do relevou o seu enorme potencial turístico. Cunha tirada de 1.500 exemplares distribuirase de xeito gratuíto en entidades relacionadas co turismo tanto en Galicia coma en Portugal. Esta publicación, feita a toda cor e con encuardenación en canutillo, para facilitar o seu manexo, aborda ao través de sucesivos capítulos a historia, os valores naturais e patrimoniais, as actividades de lecer e o sector hostaleiro tanto do río coma dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. O capítulo final dedicase á navegación explicando de xeito pormenorizado a canle pola que deben navegar os barcos entre a desembocadura na Guarda e Tui. Inclúese amais un mapa guía que ven brindar aos patróns de embarcacións unha información de gran importancia para realizar unha navegación segura. A Guía contén amais un DVD que dedica igualmente un capítulo ao río e a cada un dos concellos da comarca. | ||
| |||