Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro 2, Tui - Pontevedra |986.60.24.64|

Reglamento Puerto Deportivo de Tui

Capítulo I - II - III - IV - V - VI -VII - VIII

CAPÍTULO I

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN DO REGULAMENTO

Art. 1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN I

a).- Ámbito subxectivo.

CONCESIONARIA: Club Náutico San Telmo, titular da concesión administrativa para a xestión indirecta dos servizos correspondentes a explotación dunhas instalacións náutico recreativas no porto de Tui que no sucesivo denominaremos Porto.

USUARIO: Persoa física ou xurídica que utilice as instalacións ou servizos outorgados en concesión ó Club Náutico San Telmo.

As partes mencionadas deberanse ater ó presente Regulamento.

b).- Ámbito obxectivo.

Este Regulamento ten por obxecto establecer as normas xenerais de uso explotación para a utilización e aproveitamento das instalacións náutico deportivas obxecto do presente regulamento, sen perxuicio do cumprimento de cantas normas sexan de aplicación ou das competencias que especificamente exerzan os diversos departamentos da Administración en uso das súas atribucións legais.

O presente Regulamento regulará as relacións entre a Concesionaria e os usuarios do Porto. Dito Regulamento está suxeito a lexislación vixente en cada momento en materia de portos e o Prego da Concesión outorgada a Club Náutico San Telmo.

Art. 2.- ÁMBITO DE APLICACIÓN II

O presente Regulamento, polo que se regula a actividade dentro da zona da concesión, e de aplicación e obrigado cumprimento e afecta a:
a).- As persoas, embarcacións, maquinaria e vehículos que se atopen dentro da zona de concesión, excepto funcionariado da Administración no exercicio das súas competencias.

b).- As persoas, embarcacións, maquinaria e vehículos que se atopen ou empreguen as instalacións náutico deportivas outorgadas en concesión a Club Náutico San Telmo.

c).- As persoas que teñan outorgada unha concesión para uso exclusivo dunha praza de amarre nestas instalacións.

d).- As persoas que presten os seus servizos por calquera tipo de relación ca concesionaria, ou cas persoas a que se fai referencia nos apartados anteriores.

Art. 3.- VIXENCIA E REVISIÓN

O presente Regulamento terá un período de vixencia igual o da concesión administrativa outorgada.

A Concesionaria poderá tamén modificar e ampliar as disposicións deste Regulamento, pero requirirá para elo a aprobación previa do Ente Público Portos de Galicia. Así mesmo requirirá a aceptación previa daqueles dos citados entes que sexan competentes na materia na que se vaia a proceder a modificar ou ampliar as disposicións do Regulamento.

 

 

Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro nº2, 36.700 Tui - Pontevedra | Teléfono 986.60.24.64 - E-Correo: nautico@cnsantelmo.com | 2007