Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro 2, Tui - Pontevedra |986.60.24.64|

Reglamento Puerto Deportivo de Tui

Capítulo I - II - III - IV - V - VI -VII - VIII

CAPÍTULO II

XERENCIA E INSPECCIÓN DO PORTO

Art. 4.- XERENCIA DO PORTO

A Xerencia do Porto, a súa explotación, xestión, administración, conservación e capitanía do mesmo, será exercida por unha persoa especialmente nomeada pola concesionaria. O cargo recibirá a denominación de Xerente do Porto e será nomeado polo consello de administración de concesionaria.

Art. 5.- COMPETENCIAS DA XERENCIA DO PORTO

Entre os servizos da competencia do Xerente do Porto están o establecemento e a conservación das obras, edificios e instalacións do Porto que constitúen o obxecto da concesión outorgada o Club Náutico San Telmo, a regulación das operacións sobre o atraque nos pantaláns das instalacións náutico deportivas, zonas de depósito, carenado e aparcadoiro, camiños de servizos e tódolos terreos obxecto da concesión.

É tamén competencia do expresado facultativo a organización de circulación e o acceso sobre os expresados terreos e canto se refira ó uso das diversas obras destinadas directa ou indirectamente as operacións das propias embarcacións, mentres se atopen no porto.

Así mesmo, a organización e supervisión de tódolos servizos en terra das instalacións náutico deportivas obxecto da concesión.

En todo o relacionado co movemento xeral de embarcacións, entradas, saídas, amarre, atraque e desatraque e cas actividades que se desenvolvan ou poidan desenvolverse nas augas do porto, o Xerente do mesmo observará as instrucións das autoridades de “Portos de Galicia” e do persoal que dita Autoridade designe para controlar o cumprimento das mesmas, persoal que terá acceso libre o Porto e as súas instalacións e que en todo momento poderá inspeccionar as instalacións e operacións que neste Porto de desenrolen.

Art. 6.- INSPECCIÓN DE PORTOS DE GALICIA

A inspección e vixilancia do Porto e as súas instalacións en relación ca ocupación do dominio público, a conservación das obras, a súa explotación e a prestación dos servizos, será exercida pola Xunta de Galicia, a través do ente público Portos de Galicia.

Tódalas persoas que fagan uso dos servizos e instalacións do Porto teñen a obriga de cumpri-las ordes que a devandita autoridade dispoña para facer cumprir a normativa que regula o dominio Público Portuario e as obras e actividades que neste dominio público se desenvolven.

 

 

Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro nº2, 36.700 Tui - Pontevedra | Teléfono 986.60.24.64 - E-Correo: nautico@cnsantelmo.com | 2007