Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro 2, Tui - Pontevedra |986.60.24.64|

Reglamento Puerto Deportivo de Tui

Capítulo I - II - III - IV - V - VI -VII - VIII

CAPÍTULO IV

RESPONSABILIDADES – DANOS – AVARÍAS – RECLAMACIÓNS

Art. 13.- COÑECEMENTO DESTE REGULAMENTO

Tódolos usuarios do Porto estarán obrigados a coñecer e cumprir este regulamento, que lles será facilitado pola Xerencia do Porto.


Art. 14.- PROHIBICIÓN DE SUPERACIÓN DE MEDIDAS DE LÁMINA DE AUGA NAS PRAZAS DE USO PÚBLICO

As características das embarcacións non poderán en ningún caso superar as medidas da lámina de auga que corresponde a cada praza de uso público.

En caso de producirse algunha irregularidade, a Xerencia do Porto cambiará a embarcación o lugar que xulgue oportuno, sendo os gastos que elo ocasione por conta do propietario da embarcación.

Art. 15.- RESPONSABILIDADE DOS USUARIOS E VISITANTES E DAS PERSOAS ALLEAS A CONCESIONARIA

Os visitantes e usuarios serán admitidos o Porto baixo a súa propia responsabilidade. As persoas que teñan autorizada a entrada no Porto para o exercicio dalgunha función, misión ou traballo, deberán estar cubertas por un seguro de accidentes de traballo e de responsabilidade civil xeral e de incendios, que cubran a reparación dos danos e perxuicios debidos as paralizacións do servizo ou avarías, roturas fortuítas ou malas manobras dos elementos dispostos para a prestación de aquel, debendo demostrar a quen corresponda e ante a Xerencia do Porto a vixencia do seguro.

Os titulares de concesións de prazas de amarre e usuarios en tránsito serán responsables dos danos, desperfectos ou avarías que ocasionen, tanto nos elementos da concesión, instalación, maquinaria, etc. como nos seus propios ou de terceiros, a consecuencia de malas manobras, actos neglixentes ou defectos das súas embarcacións ou vehículos; o que, de se-lo caso, sería obxecto de reclamación por medios dos trámites legais e xurídicos previstos. O anterior, entendese sen perxuizo de que ditas actuacións sexan obxecto de sanción administrativa por parte dos órganos competentes.

O anterior entendese sen perxuízo de que concorra algunha circunstancia de neglixencia ou falta de coidado e prevención que impute a responsabilidade o xestor indirecto.

Art. 16.- NON RESPONSABILIDADE DA CONCESIONARIA

A Concesionaria, a Xerencia do Porto e o seu persoal, non serán responsables dos danos e perxuicios debidos as paralizacións de servizo, nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou manobras que poidan ocasionarse durante a prestación de calquera dos servizos, sempre que estes non sexan por causas imputables o concesionario no desenvolvemento das obrigas que como tal lle corresponden.

Art. 17.- DANOS FORTUÍTOS

Calquera dano ou perxuicio que se produza por caso fortuíto a persoas ou cousas dentro das dársenas ou o recinto portuario, con motivo das operacións que nos mesmos se realizan ou dos incidentes que destas se derivan, serán soportados por quen os sufre, a menos que exista unha responsabilidade definida por acción ou omisión do concesionario ou dun terceiro.

Art. 18.- DANOS AS INSTALACIÓNS E EMBARCACIÓNS

Calquera dano que se cause as obras, instalacións ou embarcacións do Porto será a cargo das persoas que os causaran, con independencia das actuacións que procedan, excepto nos casos de forza maior declarados como tales pola autoridade competente.

En tales casos, o Xerente do Porto fará a taxación do importe aproximado do custo da reparación do dano causado e a pasará o interesado. O importe de dita taxación deberá ser depositado na caixa da Xerencia do Porto, o día da notificación.

Terminada a reparación do dano, a Xerencia do Porto formulará conta detallada do gasto efectuado, que remitirá ó interesado para a súa liquidación definitiva.

O Xerente do Porto poderá exercer as accións que procedan ante as autoridades competentes para que se fagan efectivas as responsabilidades conseguintes.

O anterior enténdese sen perxuízo de que concorra algunha circunstancia de neglixencia ou falta de coidado e prevención que impute a responsabilidade o xestor indirecto.

Art. 19.- RISCO DOS PROPIETARIOS

A permanencia das embarcación, vehículos e toda clase de obxectos dentro das dársenas, zonas de servizo dentro do Porto e da concesión, será de conta e risco dos seus propietarios, polo que nin a Xerencia do Porto, nin os seus empregados, nin a Concesionaria, responderán dos danos ou perdas que poidan sufrir, excepto que os danos ou desperfectos producidos nos elementos antes sinalados teñan a súa causa directa, tanto na acción coma na omisión ou falta de dilixencia, por parte do concesionario, no cumprimento da súa obrigación de vixilancia.

En ningún caso se respondería de ditos danos ou perdas si estas tivesen o seu orixe en circunstancias fortuítas ou causas de forza maior.

Art. 20.- DANOS OCASIONADOS POLAS EMBARCACIÓNS

Tódolos danos que directa ou indirectamente se ocasionasen polas embarcacións ou obxectos dos usuarios nos diques, peiraos ou pantaláns, bolardos, argolas, boias, defensas, embarcacións e demais elementos das instalacións portuarias que formen parte da concesión ou sexa propiedade da concesionaria, serán reparados seguindo as instrucións da Xerencia do Porto, con cargo o usuario.

O causante deberá proceder a limpar, pola súa conta as partes das dársenas que puidera manchar polo vertido de lixo, derrame de carburante ou outra operación, o obxecto de que a auga quede no mesmo estado de limpeza que tiña cando chegou a embarcación. No caso de derrame de carburantes ou produtos hidrocarburados, o causante do derrame deberá comunicalo inmediatamente a Xerencia do Porto o obxecto de que tomen as medidas oportunas para a súa limpeza, sendo por conta do causante os gastos que se ocasionen.

Tódolos restantes danos e os conseguintes gastos que se ocasionen con motivo de contravir o establecido nos diversos artigos deste regulamento, serán de conta dos causantes.

Art. 21.- RECLAMACIÓNS

As reclamacións ou queixas concernentes, en xeral, a explotación e bo funcionamento das instalacións serán remitidas preferentemente e de xeito previo a Xerencia do Porto, sen prexuízo da posibilidade para os usuarios de elevar esas queixas a Portos de Galicia cando poidan ter certa entidade ou, obviamente, cando as mesmas estean suxeitas a revisión en vía administrativa.

As reclamacións ou queixas concernentes a todas aquelas materias de competencias da Capitanía Marítima poderán elevarse o Capitán Marítimo do Porto.

 

 

Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro nº2, 36.700 Tui - Pontevedra | Teléfono 986.60.24.64 - E-Correo: nautico@cnsantelmo.com | 2007