Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro 2, Tui - Pontevedra |986.60.24.64|

Reglamento Puerto Deportivo de Tui

Capítulo I - II - III - IV - V - VI -VII - VIII

CAPÍTULO V

NORMAS XERAIS DE APLICACIÓN OS USUARIOS DO PORTO

Art. 22.- OBRIGAS XERAIS

Será obriga, en xeral, dos usuarios do Porto:
a) Respectar as instalacións xerais ou de proveito doutro titular.

b) Observar a dilixencia debida no uso do punto e atraque e demais instalacións, manténdoas en bo estado de conservación, en perfecto uso e no mesmo estado en que se recibiron, sen que poidan realizarse melloras ou menoscabos, sendo á súa costa as obras ou reparacións cuxa omisión dane as instalacións ou servizos do Porto e, en caso contrario, resarcir os danos que se ocasionen polo seu incumprimento, xa sexa propio ou polas persoas por quen deben responder.

c) Responder dos danos e avarías que ocasionen nas instalacións, de conformidade co disposto no Capítulo V deste Regulamento.

d) Aboar as tarifas que se establezan pola Xerencia do Porto, como consecuencia do disposto neste Regulamento.

e) Consenti-la inspección, en calquera momento, do estado de conservación das prazas de atraque, que efectúen ben Portos de Galicia, ben a Adxudicataria.

f) Permitir a inspección e entrada nos postos de atraque ou locais para fiscalizar as instalacións e servizos xerais, de acordo coas directrices sinaladas pola Xerencia do Porto e das que poidan sinalar as Autoridades Portuarias e demais organismos competentes.

As embarcacións e tripulantes, como usuarios do Porto, terán as seguintes obrigas, sen perxuicio das que correspondan a cada concesionario dunha praza de amarre e que figuren nos respectivos títulos dos outorgamentos:

a) Prestar colaboración o persoal dedicado a explotación do Porto. Para facilitar as manobras ou evitar accidentes ou avarías, o patrón ou a tripulación dunha embarcación non poderá negarse a tomar e amarrar coderas ou traveseiras doutros barcos.

b) Manter a embarcación en bo estado de conservación, presentación, flotabilidade e seguridade.

c) Vixiar os pertreitos e accesorios, así como as ferramentas e materiais que sexan da súa propiedade.

d) Amarrar os dispositivos previstos para elo e na forma adecuada para evitar danos as instalacións ou a outras embarcacións, intercalando as defensas necesarias.

e) Permitir a inspección e entrada no posto de amarre para fiscalizar as instalacións e servizos xerais.

f) Cumprir as ordes e directrices que se diten polo Xerente do Porto.

Art. 23.- TRANSITO PEONIL E DE VEHÍCULOS

A Xerencia do Porto determinará os lugares nos que os usuarios e visitantes poderán circular a pe ou con vehículos, aparcar estes e depositar as distintas clases de obxectos cuxa manipulación se autorice, así como a forma na que se poderá levar a cabo.

Art. 24.- IDENTIFICACIÓN

Tanto as persoas coma os vehículos e mercancías que vaian a entrar ou saír da zona de servizo da concesión, deberán deterse na zona de control de acceso a mesma para que o persoal do Porto ou as persoas designadas pola Xerencia comproben as autorizacións que posúan, a súa identidade e motivo da súa entrada e saída.

Art. 25.- RETIRADA DE VEHÍCULOS

Nos casos nos que os usuarios dos vehículos ou materiais non cumpran o tempo, o lugar ou a forma polos que se autorice a circulación ou depósito polos viais de servizo o Porto, ou a utilización dos terreos ou instalacións, deberán retiralo da zona de servizo da concesión inmediatamente, sen que elo o exima do abono e os devengos que puidera ser de aplicación polos servizos prestados. En caso de que ditos titulares non retirasen os vehículos ou mercancías ou se encontrasen ausentes, o Xerente do Porto poderá ordenar a retirada ou cambio de emprazamento a costa do usuario.

Art. 26.- PROHIBICIÓNS SOBRE O USO DOS SERVICIOS

Queda terminantemente prohibido empregar as instalacións náutico deportivas obxecto da concesión para outro cometido que o que se establece nas autorizacións concedidas, non permitíndose efectuar neles reparacións, verter nos mesmos lixos, excepto nos lugares destinados para tal fin, nin obxectos de ningunha clase, nin efectuar neles movementos e outras manifestacións que non sexan as que exprese e individualmente se autorice pola Xerencia do Porto.

Os animais que poidan levar os usuarios deberán ir suxeitos de xeito que non poidan causar danos nin molestias as persoas ou cousas que se atopen na zona de servizo do Porto, procurando, ademais, que non produzan suciedade algunha e estando obrigados a limpar de xeito inmediato calquera suciedade que produzan.

 

 

Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro nº2, 36.700 Tui - Pontevedra | Teléfono 986.60.24.64 - E-Correo: nautico@cnsantelmo.com | 2007