Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro 2, Tui - Pontevedra |986.60.24.64|

Reglamento Puerto Deportivo de Tui

Capítulo I - II - III - IV - V - VI -VII - VIII

CAPÍTULO VI

NORMAS DE UTILIZACIÓN DE SERVIZOS E INSTALACIÓNS POLOS TITULARES E USUARIOS DE AMARRES OU POSTOS DE ATRAQUE
Art. 27.- AMARRES E SERVIZOS

Os amarres a flote divídense en dúas clases: uns de uso público tarifado para barcos de recreo, utilizables mediante o pago das tarifas correspondentes e outros reservados os concesionarios das prazas de atraque.

Os servizos específicos que preste o porto, tanto obrigatorios coma complementarios e discrecionais, son utilizables polos usuarios do porto tendo en conta as tarifas e as condicións correspondentes.

Os barcos so poderán amarrar ós dispositivos previstos para elo e no xeito adecuado para evitar danos as instalacións ou a outras embarcacións, intercalando as defensas necesarias.

Art. 28.- TRANSFERENCIAS

As transferencias, subrogacións ou cesións dos portos de atraque deberán ser autorizadas expresamente por Portos de Galicia e serán inscritas, o nome dos seus respectivos titulares, mediante a presentación do correspondente documento que así o acredite, nun Libro de Rexistro que se levará na Xerencia da Adxudicataria e no que, en folio independente para cada posto de atraque, farase constar, mediante a correspondente dilixencia, o nome do primeiro titular e dos sucesivos, así como os domicilios que teñan sinalados para recibir notificacións.

Dito Libro de Rexistro poderá ser consultado por calquera interesado, xustificando debidamente o interese.

Art. 29.- ESCALA DE BARCOS EN TRÁNSITO

Considéranse usuarios en tránsito aqueles que empreñan o Porto o atraque da súa embarcación de forma restrinxida e temporal. Estes usuarios poderán utilizar os atraques de uso público que a Concesionaria esta obrigada a reservar en cumprimento das condicións da concesión.

Todos estes usuarios en tránsito poderán facer uso das diversas instalacións de zona de servizo para o desembarque, estancia ou depósito provisional e embarque de pasaxeiros, carburantes, víveres, aparellos ou outros elementos que poidan precisar si o seu emprego individual esta permitido neste Regulamento, previo abono das tarifas oficialmente aprobadas.

As condicións xerais de utilización destes atraques son as seguintes:

1. Amarrará provisionalmente nun lugar que existe sinalado coa indicación de BARCOS EN TRÁNSITO ou no seu defecto onde se lles indique dende terra polo persoal da Concesionaria.

2. O patrón se presentará na Xerencia do Porto inmediatamente se esta aberta ou, tan pronto como se abra, si no intre da chegada esta estivese pechada.

Nesta oficina identificarase e inscribirá as características do seu barco e a duración da escala que se propón realizar e deixará fotocopia da documentación oficial da embarcación e documentación do armador, patrón ou persoa responsable. Así mesmo, se inscribirá no libro de rexistro do porto asinando a entrada no mesmo.

A Xerencia do Porto ou o seu delegado informaranlle das Normas, do presente Regulamento, das tarifas do Porto e da duración da estancia que pode aceptar vistas as condicións de ocupación dos puntos de amarre, e do establecido por Portos de Galicia.

3. Neste intre ou tan pronto como sexa requirido para elo, o barco e a súa tripulación serán sometidos os controis e operacións regulamentarias referente a Aduanas, Policía e Regulamentacións marítimas.

4. Indicaráselle o barco o amarre que ocupará durante a súa escala e se lle informará sobre o uso das distintas instalacións do porto.

Vintecatro horas antes da saída ou coa antelación posible en todo caso, o patrón debe notificar a Dirección do Porto a súa hora de partida e, liquida-lo importe dos servizos recibidos, de acordo co que se sinala máis adiante neste mesmo artigo.

No caso de que rematada a estadía anunciada, o barco desexe prolongala, a Xerencia ten dereito de non aceptar esta prorroga, sempre que se dean condicións normais, si elo redunda en perturbación para a planificación xeral da explotación.

O patrón do barco en escala, pode cubrir o risco de responsabilidade por avarías nas instalacións, mediante o concerto dun seguro en condicións do que será informado a súa chegada.

O barco non pode abandonar o porto sen satisfacer o importe de tódolos servizos recibidos durante a súa estadía.

Art. 30.- TRASLADOS E OPERACIÓNS NOS BARCOS

No caso de que un barco deba ser trasladado de lugar por necesidades do Porto, reforzadas as súas amarras ou sometida, en xeral, a calquera manobra por consideración de interese xeral, a súa tripulación deberá cumprir cas instrucións que perciba da Xerencia do Porto ou da persoa designada por esta para que realice a operación necesaria, pero si non fose atopado en tempo hábil para a boa explotación do Porto, ou da seguridade das instalacións ou doutros barcos, a Xerencia realizará por si mesma as operacións necesarias, sen dereito a reclamacións de ningunha clase por parte do armador, patrón ou representante do barco e cos gastos o seu cargo.

Art. 31.- ADUANA

As embarcacións amarradas no Porto haberán de cumprir as esixencias que, polas autoridades aduaneiras e marítimas, puideran ser fixadas en relación coas operacións de desembarque ou embarque de pasaxeiros e/ou materiais.

Art. 32.- SERVICIOS A EMPREGAR

Ó concederse a autorización para o atraque ou entrada no Porto a embarcacións en tránsito, a Xerencia indicará ó usuario os servizos, tarifas e condicións correspondentes que son susceptibles de utilización, previa solicitude que debe ser autorizada.

Art. 33.- DISPOÑIBILIDADE DOS SERVICIOS

Os subministros de auga, enerxía eléctrica e outros semellantes, así como as diferentes prestacións que poidan realizarse con elementos da sociedade concesionaria, quedarán sempre supeditadas as dispoñibilidades dos mesmos. En canto o orden de preferencia para a súa realización será o de solicitude, salvo causas que o Xerente do Porto considere xustificadas, que deberán quedar debidamente rexistradas nos libros de rexistro diario de actividades.

Art. 34.- AUTORIZACIÓN DE SERVICIOS

O estender unha autorización para a prestación dalgún ou algúns servizos, indicarase pola Xerencia as normas que haberán de seguirse para a mesma, sendo precisa unha autorización distinta pola prestación doutros servizos que non figuren incluídos entre os que a primeira poida abarcar.

Art. 35.- PROHIBICIÓNS

Queda absolutamente prohibido en toda a zona de servizo do Porto:
a) Fumar durante as operacións de avituallamento de combustible, en lugares próximos a onde estas se realicen.

b) Ter a bordo dos barcos materiais explosivos, salvo os foguetes de sinais regulamentarias.

c) Acender lumes ou fogueiras, ou empreñar lámpadas de llama espida.

d) Arroxar terras, escombros, lixos, líquidos residuais, papeis e cáscaras ou materiais de calquera clase, contaminantes ou non, tanto a terra como o auga. Os lixos deberán depositarse nos recipientes para elo, mediante bolsas de plástico pechadas.

e) Efectuar actividades que resulten o poidan resultar molestas ou perigosas a outros usuarios.

f) Manter os motores en marcha co barco amarrado en horas non adecuadas.
g) Deixar soltas as drizas de xeito que poidan golpear os paus.

h) Pescar e recoller conchas ou mariscos en ou dende as obras e augas do Porto, salvo en zonas sinaladas para elo.

i) Practicar esquí náutico ou wind-surfing, bañarse ou nadar nas dársenas, canles ou accesos o Porto, realizar algunha actividade deportiva nas mesmas ou empregar os pantaláns como solarium.

j) Realizar obras ou modificacións nas instalacións portuarias, sen autorización escrita da Concesionaria.

k) Utilizar ancoras ou boias nas dársenas, canles ou accesos o Porto. Excepto en caso de emerxencia.

l) Practicar con ou utilizar motos de auga con fins deportivos dentro das dársenas do Porto ou a súa bocana.

A infracción de calquera destas normas dará lugar, por parte da Xerencia, a denuncia ante as Autoridades competentes.

Sen perxuicio das facultades de policía que lle correspondan a Portos de Galicia, a autoridade marítima e, en ultimo caso os corpos ou forzas de seguridade do Estado, no caso de que estas actuacións supoñan un grave risco ou posibilidade de dano para as persoas ou cousas ou en casos de grave urxencia, a concesionaria poderá proceder a esixencia da inmediata saída do causante e da súa embarcación e poderá suspender de maneira automática a prestación do servizo.

Art. 36.- CONSERVACIÓN E SEGURIDADE DOS BARCOS

Todo barco amarrado no Porto deber ser mantido en bo estado de conservación, flotabilidade e seguridade.

Si a Xerencia do Porto observa que non se cumpren estas condicións nun barco, avisara a Portos de Galicia ou a Autoridade Marítima competente.

Si o barco chega a estar en perigo de afundimento ou de causar danos a outras embarcacións, a Xerencia tomará, a cargo e conta do propietario, as medidas necesarias para poñelo a seco en condicións de evitar o seu afundimento, debéndose comunicar a Autoridade competente cando se considere que puidera ser un perigo para a navegación.

En caso de afundimento, o custo de reflotalo, varalo ou limpar as obstrución, serán a cargo do propietario.

Art. 37.- PRESENZA DAS TRIPULACIÓNS

Todo barco amarrado ou fondeado no Porto debe ter un responsable facilmente localizable.

Por elo, si a súa tripulación deixa a embarcación, o patrón ou propietario deberá facilitar a Xerencia do Porto o nome da persoa responsable do barco e a forma de localizalo.

Art. 38.- OPERACIÓNS DE MOTORES

As operacións de ensaios de motores, uso de reflectores, carga de baterías e outras de calquera clase, tanto en mar coma en terra, que por resultar ruidosas ou simplemente molestas, poidan incomodar a outros usuarios, non se poderán realizar sen a previa autorización da Xerencia do Porto e nas horas que a tal fin se estipule, debéndose ademais de comunicar a Autoridade competente si o tipo de probas así o requirise.

Art. 39.- LOCALIZACIÓN DE ACTIVIDADES

A reparación tanto a flote como en seco, o carenado, o aprovisionamento de combustible e demais operacións que non sexan as normais de navegación, faranse nos lugares do Porto especificamente previstos para elo ou que a Xerencia habilite, tomando as medidas e precaucións que a tal fin se establezan.

Art. 40.- VELOCIDADE DE NAVEGACIÓN

A velocidade máxima das embarcacións preto da bocana e dentro das dársenas, incluso o entrar e saír das mesmas, será de 2 nos.

A navegación interior estará restrinxida as saídas e entradas do Porto e a utilización dos servizos, debendo efectuarse ca máxima dilixencia e respectando as regulacións internacionais de abordaxes e códigos de sinais.

Queda terminantemente prohibido o fondeo nos canles de acceso e dársenas interiores, salvo no caso de perigo inmediato e grave.

Art. 41.- AUXILIO NAS MANOBRAS

O patrón ou tripulación dun barco non poden negarse a tomar e amarrar cobadeiras ou travesas doutros barcos para facilitar as súas manobras ou evitar accidentes ou avarías.

Art. 42.- MEDIOS DE VARADA

Os barcos unicamente se poden botar e varar cos medios auxiliares do Porto. Si un armador ou patrón desexa empregar outros, deberá obter autorización expresa da Xerencia do Porto.

Art. 43.- DERRAME DE CARBURANTE

No caso de que se produza un derrame accidental de carburante na zona de servizo do Porto, o causante deberá comunicalo inmediatamente a Xerencia do Porto que deberá comunicalo inmediatamente a Portos de Galicia e as demais autoridades competentes, tomándose as medidas oportunas para reducir os danos as praias, as instalacións e os restantes usuarios do Porto, sendo de cargo do causante do dano, os gastos que se orixinen e demais consecuencias da súa responsabilidade.

Art. 44.- CASOS DE EMERXENCIA

En caso de producirse un incendio, temporal ou outra emerxencia de tipo catastrófico ou susceptible de chegar a tal, no Porto, o una zona urbana ou marítima próximas, tódolos patróns, tripulacións ou propietarios de vehículos deberán tomar as medias inmediatas de precaución necesarias, obedecendo as instrucións que reciban do Xerente do Porto.

Si se inicia un lume a bordo dun barco, o seu patrón u tripulación, ademais de tomar as medidas inmediatas a bordo que sexan necesarias, avisara inmediatamente por tódolos medios o seu alcance a Xerencia do Porto e as tripulacións dos barcos contiguos, non ocultando, en modo algún, a emerxencia que se produciu.

En tódolos casos de emerxencia, afundimento, accidente catastrófico ou ameaza do mesmo que poida afectar as embarcacións ou augas do Porto, a Xerencia establecerá comunicación urxente cas Autoridades competentes, a fin de que estas adopten as medidas pertinentes, con comunicación posterior a Concesionaria, En caso de suma urxencia, a Xerencia adoptará as actuacións necesarias para evitar maiores riscos, e dará conta das medidas adoptadas tan pronto como lle sexa posible.

Art. 45.- ENLACE POR RADIO

O Porto ten na escoita co acordo ó horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, unha estación radiotelefónica na frecuencia canle 9. Recoméndase os barcos en demanda do porte que establezan contacto ca mesma antes de súa chegada, para preparar as operacións de recepción.

Art. 46.- REXISTRO DIARIO

Pola Xerencia do Porto levarase un rexistro diario de actividades con expresión dos barcos atracados cada día na zona de uso público.

Art. 47.- HORARIO DE ACTIVIDADES

Dado o carácter do Porto, as actividades clasificadas como molestas, polos ruídos, música, etc. que poidan producir, deberán respectar estritamente os horarios e directrices de funcionamento e instalación que, en cada momento e segundo as circunstancias, se establezan polo Xerente do Porto.

Art. 48.- CIRCULACIÓN RODADA. ESTACIONAMENTO DE VEHÍCULOS

A velocidade máxima permitida dentro do porto e de 30 Km./h.

Esta prohibido circular ou estacionarse co vehículo fora das zonas sinaladas para elo.

O estacionamento prolongado de vehículos so se poderá realizar nos aparcadoiros sinalados.

Pódese, sen embargo, deter o vehículo, sempre que non obstaculice a circulación xeral, nas proximidades dun barco carenado ou dun pantalán, durante o tempo necesario para efectuar operación de avituallamento.
Non se permite reparar vehículos, ou realizar tarefas de mantemento do mesmo, nas zonas de circulación ou estacionamento, salvo en caso de avaría e durante o tempo estritamente necesario.

 

 

Club Náutico San Telmo - Baixada ao embarcadoiro nº2, 36.700 Tui - Pontevedra | Teléfono 986.60.24.64 - E-Correo: nautico@cnsantelmo.com | 2007