CAPÍTULO VII
ORGANIZACIÓN DA CONCESIONARIA. FUNCIONAMENTO
Art. 49.- MEMBROS
A Concesionaria do Servizo Xeral estará integrada por:
a) Un Consello de Administración formado por Tres Vocais, con funcións de Presidente, Vicepresidente e Secretario Xeral.
b) Un Xerente-Mariñeiro do Servizo, que executará os acordos emanados do Consello de Administración.
c) Tres Delegados-Mariñeiros, que farán cumprir as instrucións da Xerencia.
d) Unha Secretaria Administrativa.
Art. 50.- O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN
O Consello de Administración reunirase e tomará as súas decisións de forma prevista nos estatutos da concesionaria, no ámbito así mesmo previsto estatutariamente.
Art. 51.- PETICIÓNS
Calquera usuario do Porto poderá facer peticións ou suxestións sobre o funcionamento do servizo o Consello de Administración da Concesionaria, a través da Xerencia, empregando os formularios que a tal efecto existirán na Secretaria do Porto.
Art. 52.- OBRIGAS DE CONCESIONARIA
Corresponde a Concesionaria sufragar os gastos de conservación, sustento, reparación e emprego das instalacións, partes ou elementos de obras e servizos comúns, e que serán usadas con carácter xeral.
Os efectos do parágrafo anterior, fixarase a cada un dos distintos postos de atraque a cota de mantemento, que incluirá unha cantidade para facer fronte a este concepto. Ditas cuotas inclúense nas tarifas do anexo e foron aprobadas por Portos de Galicia, sen que a non utilización dun servizo nin o emprego das instalacións exima o cumprimento desta obriga.
|